mércores, 2 de febreiro de 2022

Unha canción pola desigualdade


 

Máis aló da polémica polo terceiro posto de Tanxugueiras no festival de Benidorm, o que resulta verdadeiramente preocupante, decepcionante e incluso vergoñento é a canción elixida para representar a España no festival de Eurovisión. 

Distintas institucións levan anos e anos instando a pais e nais e, sobre todo, docentes a educar en igualdade, especialmente no que se refire ao papel da muller na sociedade a fin de superar e soterrar, entre outras cousas, a visión social da muller coma un obxecto sexual. Sen embargo, esta mensaxe é en vano: o que educadores/as tratamos de inculcar é permanentemente contradito polo mundo que rodea a adolescentes. A mellor canción do panorama musical español, e a que nos vai representar ante toda Europa, versa sobre unha muller que, entre "na-na-nas", "pa-pa-pas", "zoom - zoom"... e un cento de incorreccións gramaticais e vulgaridades e obscenidades, canta o excelente que é entre sabas. 

É verdadeiramente triste pensar que isto é o mellor que a música española pode ofrecer.

Aquí vos deixamos un artigo onde se reflexiona precisamente sobre isto: ARTIGO 20 MINUTOS

Ningún comentario:

Publicar un comentario