xoves, 17 de marzo de 2022

Presentación sobre diversidade

 

A nosa alumna Aroa Pérez Cabaleiro elaborou esta esclarecedora e fantástica presentación sobre a diversidade afectivo-sexual como parte do seu traballo da materia de Comentario de texto de 2º Bacharelato.  Nesta presentación aclara moitos termos que a miudo son confundidos ou descoñecidos pola maioría de nós, e, como se trata dun traballo tan interesante, propoñémovos a todos/as que lle botedes un ollo e que o empreguedes como parte de material didáctico para titorías:

 

martes, 8 de marzo de 2022

Actividades para este 8M

 O equipo de Biblioteca do noso centro elaborou esta actividade para desenvolver ao longo desta semana, e así conmemorar este 8M no que festexamos o Día Internacional da Muller. Animádevos a participar!!


luns, 7 de marzo de 2022

Homenaxe a María Soliño



Co galo do día internacional da muller, e como parte do traballo da caza de bruxas que estamos a traballar este ano no centro, o noso alumnado de ESO, 1º Bacharelato e Ciclos Formativos acudiu á Área Panorámica para ver a película María Solinha, na que se conta a biografía desta muller canguesa. Ademais, ao rematar a sesión de cine, os nosos alumnos/as tiveron a posibilidade de debater e entrevistar ao mesmo director do film. Esta actividade non sería posible sen a colaboración do concello de Tui, e particularmente, da concelleira de Igualdade. Todos nós queremos agradecer a boa disposición e cooperación da concelleira por facilitar e organizar esta actividade.