luns, 4 de outubro de 2021

Meiga... e a moita honra

 


Este ano académico 2021-2022 o equipo de igualdade do IES Indalecio Pérez Tizón escolleu como tema de traballo a caza de bruxas, o primeiro feminicidio masivo de químicas, médicas e outras mulleres que foron inxustamente asasinadas por causas políticas ou económicas. Asimesmo, este tema será traballado dende un punto de vista literal e figurado, pois a idea é preparar unha serie de actividades nas que se denuncie a persecución que moitos colectivos sufriron por mor de prexuizos relixiosos e sociais.

Todos aqueles alumnos/as que esteades interesados en participar nestas actividades, anotádevos en vicedirección para formar parte do equipo de igualdade.