venres, 3 de decembro de 2021

 O 2 de decembro de 2021 o noso alumnado de 4º ESO e de Ciclo Medio de Comercio participou nunha charla sobre violencia sexual impartida pola asociación Towanda Rebels. Nela falouse sobre temas tan interesantes coma os estereotipos de xénero, violencia sexual, necesidade de educación afectivo-sexual... Os nosos alumnos/as quedaron moi satisfeitos coa conferencia e mesmo quedaron con ganas de máis.

Por iso, o IES Indalecio Pérez Tizón está moi agradecido a Towanda Rebels e ao concello de Tui, quen foi quen organizou e nos invitou a participar nesta actividade.