xoves, 2 de xuño de 2022


 

Durante o pasado mes de maio celebrouse na nosa biblioteca unha conferencia sobre a diversidade afectivo-sexual. O docente encargado de impartila, Marcos Barreira Baños, tivo a deferencia, e gran xenerosidade, de deixarnos o material da súa presentación, que podedes ver no blog da biblioteca Aloia. Pinchade a seguinte ligazón para acceder ao material didáctico:

PRESENTACIÓN DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL


mércores, 20 de abril de 2022

Obradoiros de igualdade facilitados polo concello de Tui

 Todo o profesorado e o alumnado do IES Indalecio Pérez Tizón quere agradecer ao concello de Tui, particularmente á concelleira de igualdade do mesmo, a oportunidade que nos brindou para participar nunha serie de obradoiros de igualdade de temática diversa (amor propio, mitos do amor romántico, violencia de xénero, relacións tóxicas...). Unha actividade que non sería posible sen a colaboración da concellería de Igualdade.



venres, 1 de abril de 2022

Obradoiros de igualdade

 

O noso alumnado de ESO, Bacharelato e 2º FP Básica participará en distintos obradoiros facilitados polo concello de Tui sobre igualdade. 

Hoxe, 1 de abril, os alumnos/as de 1º ESO inician este ciclo de obradoiros nun taller sobre relacións tóxicas. Estes obradoiros continúan o luns 4 (En busca do amor propio) e martes 5 de abril (Mitos do amor romántico) para o alumnado de 3º, 4º ESO, 2º FP Básica e 1º Bacharelato, e péchanse o 6 de abril cunha charla final para 1º e 2º ESO: Violencia de xénero. Unha historia real.

Agradecemos enormemente ao concello de Tui a posiblidade de participar nestes obradoiros, especialmente, á Concellería de Igualdade.

 

xoves, 17 de marzo de 2022

Presentación sobre diversidade

 

A nosa alumna Aroa Pérez Cabaleiro elaborou esta esclarecedora e fantástica presentación sobre a diversidade afectivo-sexual como parte do seu traballo da materia de Comentario de texto de 2º Bacharelato.  Nesta presentación aclara moitos termos que a miudo son confundidos ou descoñecidos pola maioría de nós, e, como se trata dun traballo tan interesante, propoñémovos a todos/as que lle botedes un ollo e que o empreguedes como parte de material didáctico para titorías:

 

martes, 8 de marzo de 2022

Actividades para este 8M

 O equipo de Biblioteca do noso centro elaborou esta actividade para desenvolver ao longo desta semana, e así conmemorar este 8M no que festexamos o Día Internacional da Muller. Animádevos a participar!!


luns, 7 de marzo de 2022

Homenaxe a María Soliño



Co galo do día internacional da muller, e como parte do traballo da caza de bruxas que estamos a traballar este ano no centro, o noso alumnado de ESO, 1º Bacharelato e Ciclos Formativos acudiu á Área Panorámica para ver a película María Solinha, na que se conta a biografía desta muller canguesa. Ademais, ao rematar a sesión de cine, os nosos alumnos/as tiveron a posibilidade de debater e entrevistar ao mesmo director do film. Esta actividade non sería posible sen a colaboración do concello de Tui, e particularmente, da concelleira de Igualdade. Todos nós queremos agradecer a boa disposición e cooperación da concelleira por facilitar e organizar esta actividade.